Dende onte, todo un pobo está unido por tres grandes mariñeiros e veciños aos que levou o salvaxe mar galego. Tres homes máis, que desapareceron na frialdade eles sós. Novamente, volvemos a ver que a vida é moi inxusta.
O peor é para os tres homes, que saíron onte dende o porto de Cabo de Cruz para traballar e volver xunta as súas familias.
Sentir, que lle pode pasar a calquera persoa da túa familia, sendo pobo mariñeiro como somos. Dende que o teu propio pai, sobreviviu a un naufraxio e no día de hoxe, grazas a Deus está vivo... pois pódeste imaxinar un poco do que pode estar pasando a familia deses tres mariñeiros. Por iso, estamos de loito, por tres grandes do mar que nos rodea, que nos dá a vida... pero que tamén a rouba cruelmente. Moito ánimo. Boa viaxe. Descansade en paz, que ben volo merecedes.
View more